Tuesday 07 de May de 2024

Cambre lanza a campaña #faiteuncambrie para promocionar o seu patrimonio


A duración do concurso será dende 15 AO 30 DE ABRIL

O Concello de Cambre lanza un concurso novidoso dirixido ás redes sociais co obxectivo de poñer en valor a imaxe do patrimonio cultural, arquitectónico, natural e paisaxístico do Concello. No concurso “#Faiteuncambrie” os participantes deberán dispoñer de conta en alomenos unha das seguintes redes sociais: Facebook, Instagram o Twitter nas que se desenvolverá o concurso. E subirán ao seu espazo persoal, alomenos nalgunha desas redes sociais, unha fotografía tipo selfie na que se poña en valor algún elemento do patrimonio cambrés (natural, arquitectónico, cultural, paisaxístico, etc.) xunto coa etiqueta – hashtag- “#Faiteuncambrie”.

A duración do concurso será dende as 00:00 horas 15/04/2017 ás 24:00 horas do 30/04/2017.

Terminado o prazo de participación, un xurado, designado a tal efecto polo Concello de Cambre, e composto por persoas expertas en fotografía procederá á análise das imaxes e outorgará tres premios:

1º Premio: mellor selfie que poña en valor a imaxe do patrimonio cultural, histórico, natural e paisaxístico do municipio. Terase en conta a representatividade do patrimonio cultural fotografado, a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe. O/A ganador/a desta categoría recibirá un teléfono móbil de última xeración.

2º Premio: mellor selfie grupal. Premiarase á imaxe máis orixinal na que aparezan, polo menos, dúas persoas. Quen gañe este este premio recibirá un pao para realizar selfies, un trípode e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

3º Premio: selfie máis divertido. Premiarase a imaxe que o xurado considere máis graciosa. O/A gañador/a desta categoría recibirá un pao para realizar selfies e un lote de libros de fotografía antiga de Cambre.

As presentes bases publicaranse na web del Concello de Cambre (http://www.cambre.es).